Saturday 18 de May de 2024

A carabana de maxia do Festival Mundial do Ilusionismo recala hoxe na Coruña co apoio da Xunta


Outro dos pratos fortes será do festival é a Gran Gala Internacional que se celebrará, o 20 de outubro en Palexco, con ilusionistas chegados desde diferentes países que presentarán unha selección de números premiados a nivel mundial

A caravana itinerante de maxia do Festival Mundial de Ilusionismo Galicia Ilusiona fai a súa parada hoxe na Marina da Coruña, onde ofrecerá ao longo da xornada 10 actuacións a cargo dos magos Rafa e Lore Lavand.
O teatro Itinerante é o teatro máis pequeno do mundo, xa que está situado dentro dunha furgoneta, con maxia durante todo o día nunha caravana que vai circulando nas zonas emblemáticas de toda a cidade.

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou este espazo, incluído na programación deste festival que percorre en setembro e outubro as catro provincias galegas co patrocinio da Administración autonómica.

Outra iniciativa do festival de 2023 é a Maxia Solidaria que consistirá en presentacións feitas polos ilusionistas en hospitais pediátricos para os nenos que non poden comparecer ao teatro.

Un dos pratos fortes será a Gran Gala Internacional que se celebrará o 20 de outubro en Palexco, con ilusionistas chegados desde diferentes países que presentarán unha selección de números premiados a nivel mundial. As entradas para as galas internacionais teñen un custo a partir de 12 euros e pódense adquirir a través da ligazón https://galiciailusiona.es